miércoles, 15 de febrero de 2012

O arte medieval

As funcións do arte medieval eran distintas aos do mundo clásico:

·         Non existe o concepto de arte como fin en sí mesmo o da beleza como único obxetivo do artista.
·         O carácter é básicamente funcional.
·         Unha ofrenda a Deus, aos santos ou aos difuntos, polo que non se dudaba da lexitimidade dos adornos nas igrexas.
·         A súa función pedagóxica era explicar os dogmas da Igrexa.
·         Era unha afirmación do poder da igrexa e a vez daqueles que podían encargar obras de arte
Os movementos artisticos:
-O arte paleocristián: cubre o período dende o século III ata o inicio do arte bizantino.
-Arte bizantino: Durante o período iconoclastía, a grande maioría dos icónos doi destruída, tan so sobreviviron algúns exemplos. Considerase a arte más refinada da Edade Media en términos de calidade do material e habilidade, coa producción centrada en Constantinopla. O logro supremo do arte bizantino foron os frescos monumentais e mosaicos dentro das igrexas
-O arte islámico: Ademais da producción arquitectónica, cubre unha ampla variedade de artesanías.

O vasalaxe.

Hoxe era o día, ese día que estiven agardando tanto tempo. Por fin ía a conseguir as terras que merezo polas miñas fazañas. Estaba chegando ya coa miña muller e fixos ao lugar onde quedara co señor mentres repasaba mentalmente o pasos a seguir no meu vasalaxe, como por exemplo as palabras que teño que dicir, o meu axonlleandomento e o conxunto de materiais que teño que coller como símbolo da aceptación das miñas terras.
Eu sempre fun  nobre, como era o meu pai e o meu avó, pero eu quero o meu recoñecemento, uns campesiños que traballen para min y facerme rico cos seus impostos.A cambio, o único que teño que facer e protexelos dos perigos que acechan por estas terras e coa axuda dos meus soldados, iso é moi fácil

A peste no medievo.

Eu chegaba do colexio, nas rúas quedaba xa pouca xente coa que encontrarse, todos encontrábanse nas súas casas. Algúns portas  estaban marcadas dun cor vermello intenso, eu no sabía o que significaba aquilo e cando intentaba preguntarlle aso meus pais sobre eso, eles evitaban o tema. Ía una semana dende que todo o pobo comezase a actuar de esa forma tan estraña, e nalgunhas ocasiones os nosos veciños chamaban a porta pedindo axuda, pero os meus pais, nunca lles abrían.
Entrei na miña casa e vin a miña nai con xesto de preocupación, según parecía, o meu irmán pequeno, comezara a ter febre unhas horas antes de que eu chegase. Fun a súa habitación, para ver como se atopaba. Cando abrín a porta, o vin alí acoutado, a expresión do seu rostro era de cansancio. Acerqueime e lle dín un bico e ao retirarlle o pelo lo pescozo, me pareceu ver unha manchiña de cor marrón, pero non lle din máis importancia.
O único que recordo dos seguintes días eran as mágoas de miña nai e a desesperación do meu pai. Enseguida mandáronme a vivir coa miña tía, que vivía nun pobo cercano e me prometeron que nos veríamos pronto. Fai xa un mes de todo isto e eu sigo sen ter noticias dos meus pais e a miña tía non me deixa regresar, pero non estou preocupada, os meus pais sempre cumpren as súas promesas.

lunes, 9 de enero de 2012

A relixión sueva


Son realmente escasos os datos que temos sobre as prácticas relixiosas dos suevos, que a diferenza dos visigodos que entraran na península xa cristianizados, mantiveron durante moito tempo o seu paganismo ata que foron primeiro convertidos ao cristianismo católico e máis tarden ao arriano por presión dos visigodos.
Aínda que non hai datos concluíntes, o máis probable é que os guerreiros e campesiños suevos, nados xa na nosa Península, invocasen aínda, entre outros deuses, a WOTAN nos bosques hispanos ata que foron obrigados a adoptar o cristianismo, a partir da conversión de Requiario. Houbo disputas de tipo relixioso e político ao negarse parte dos nobres e guerreiros suevos a aceptar o culto cristián que quería impoñerlles o rei, aliado coa igrexa galaica.




                                                      Wotan-Deus nórdico
O nome dos suevos serviu inicialmente para designar a unha rama dos hermiones. A súa vez os suevos constituían un conxunto de pobos xermánicos que ocupaban a cunca do río Elba, e entre os que coñecemos aos semnones, hermunduros, marcomanos e cuados. Nos séculos previos ao cambio de era, algúns grupos suévicos desplazaronse cara o curso medio do Rhin, establecendose en torno a dous dos seus afluentes, o Maín e o Neckar. A presenza dos marcomano no Maín é xa un feito no tránsito do século II al I a.C. Ariovisto, ao frente dun continxente suevo, derrotou aos eduos e planeou conquistar a Galia oriental. Pero os seus proxectos vironse truncados por César, que lle venceu en Alsacia no 58 a.C. Foi César o que citou por primeira vez aos suevos. Tácito, por error, aplicou o nome dos suevos a unha grande parte dos pobos xermánicos orientais, e incluso chamou ao Báltico ‘Suebicum Mare’ 

O meu asentamento.

Xa chegou o día, teño que recoñecer que estaba bastante nerviosa, agora que o penso, éntrame mágoa de non poder volver a ver a miña casa nunca máis, díxenlle aos meus país que antes de irme quería facer un par de cousiñas. A primeira era despedirme da miña mascota, un pequeno esquío a que eu chamo Kiaro, tamén quero levarme un pouco da terra no meu peto, por último, visitar o meu lugar preferido, unha montaña dende a que vese todo o noso pobo, como gústame sentarme aquí nas calorosas tardes de verán... Dáme moita tristura non poder volver a facelo.Volvo de regreso xunto os meus país e co grupo no que imos a realizar a nosa viaxe, recollo as miñas cousas e comeza a aventura.
Pasou moito tempo, tanto que non o lembro, nos últimos anos estivemos en moitos lugares, algúns máis bonitos ca outros, pero papá din que este é o definitivo por bastante tempo. Os nosos guerreiros chegaron primeiro e o conquistaron, a min non me gusta isto de conquistar, nos fan quedar de malos e nós só queremos un sitio onde vivir, xa que a nós tamén quitáronos o noso. Moitas persoas diferentes a nós tamén conviven aquí, e mírannos con medo, pero eu sempre intento ser moi amable con eles. Gústame este sitio, vivimos preto dun río moi bonito onde podemos xogar a bañarnos, xa que aquí fai sol moitos días. Ao final, vivir noutro lugar non é tan malo como eu pensaba.


A nova noticia.

Chámome Arya e teño dez anos, hai uns días os meus pais mais a nosa tribo tiveron unha reunión moi importante mentres eu e os demais nenos durmíamos. Eu me fixen a durmida, e logo me levantei para escoitar de que falaban. Comentaban algo dun perigo que pronto chagaría as nosas terras. Pareceume escoitar un nome ‘ os hunos’ que parecía estar guiado por un home moi despiadado. Os maiores dicían que tiñamos que marchar da nosa casa canto antes e buscar outro lugar onde asentarnos. Eu sempre fun unha nena valente y atrevida, pero teño que recoñecer que isto dáme moito medo, xa que a nosa aldea é moi grande e teremos que dividirnos... Non quero deixar os meus amigos! Eu quero loitar! Iso foi o que lle dixen os meus pais esta mañá, pero eles limitáronse a sorrirme e dicir que aínda era moi nova para esas cousas e que todo iríanos ben. Marchamos en 5 días cara terras novas, pero seguro que é moi interesante coñecer outros lugares!