Eu chegaba do colexio, nas rúas quedaba xa pouca xente coa que encontrarse, todos encontrábanse nas súas casas. Algúns portas estaban marcadas dun cor vermello intenso, eu no sabía o que significaba aquilo e cando intentaba preguntarlle aso meus pais sobre eso, eles evitaban o tema. Ía una semana dende que todo o pobo comezase a actuar de esa forma tan estraña, e nalgunhas ocasiones os nosos veciños chamaban a porta pedindo axuda, pero os meus pais, nunca lles abrían.
Entrei na miña casa e vin a miña nai con xesto de preocupación, según parecía, o meu irmán pequeno, comezara a ter febre unhas horas antes de que eu chegase. Fun a súa habitación, para ver como se atopaba. Cando abrín a porta, o vin alí acoutado, a expresión do seu rostro era de cansancio. Acerqueime e lle dín un bico e ao retirarlle o pelo lo pescozo, me pareceu ver unha manchiña de cor marrón, pero non lle din máis importancia.
O único que recordo dos seguintes días eran as mágoas de miña nai e a desesperación do meu pai. Enseguida mandáronme a vivir coa miña tía, que vivía nun pobo cercano e me prometeron que nos veríamos pronto. Fai xa un mes de todo isto e eu sigo sen ter noticias dos meus pais e a miña tía non me deixa regresar, pero non estou preocupada, os meus pais sempre cumpren as súas promesas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario