sábado, 19 de mayo de 2012

O reino de Galicia na Coroa Castelá.

A sucesión de Fernando III o Santo (1230 - 1254) ao trono dos reinos de Galicia e León supuxo o comezo duna longa e escura etapa de decadencia e unha negativa evolución dos intereses xerais do reino, sendo a nobleza condal galega e os axuntamntos dos burgos galegos os principais perxudicados ao verse afastados do alto nivel da corte de Castela tanto a nivel de prestixio como á hora de tomar as decisións. Galicia pasara dun núcleo cultural a unha periferia controlada por casteláns.
En Galicia e León mantívose como código legal o Liber Ludiciorum, ao contrario dos territorios castelans. Incluso cando os asuntos eran xuzdagos pola corte, estos eran despachados polo código vixente en cada coroa. 
Seen embargo iníciase una política de tendencia centralizadora que se mantén durante o reinado de Alfonso X, que introduce por primeira vez un representante xudicial do reino castelán no goberno de Santiago de Compostela.
Pouco máis tarde cederá a sede compostelá ao arzobispado de Valladolid, comezando un proceso que substituirá os obispos galegos por funcionarios casteláns.

Baixa Idade Media: Reino Suevo.

Coa caída do Imperio romano, Gallaecia forma parte dos foedus dos diferentes pobos invasores. 
Os Suevos situábanse entre o Duero e o Miño, na zona de influencia Bracara Augusta (Braga, Portugal), e constaban unicamente de 8.000 varóns en condicións de traballar de 30.000 indiviudos que formaban o seu pobo.
Chegaron no ano 409 da man do rei Hermerico, que firma un foedus con Roma polo que o emperador romano permítelle ao pobo suevo establecerse na rexión romana de Gallaecia, recoñecendo, o rei suevo,  ao emperador de Roma como o seu superior.
Tras o reinado de Hermerico, chegará ao trono o seu fillo Requila no 438, que realizará campañas militares por toda a península, e tras el, o seu sucesor Requiario, quen adoptará o catolicismo no 449.
O pobo suevo é derrotado polos visigodos na batalla do río Órbigo 456, batalla na que Requila é asasinado.
Tras esta derrota, o reino suevo dividirase e gobernarán simultaneamente Fratán e Aguiulfo. Ambos farano dende 456 ata 457, ano no que Maldras reunificará o reino para acabar sendo asasinado tras a conspiracion romano-visigoda fallida.
E unha vez máis o reino suevo viuse dividido entre dous reies: Frumario e Reemismundo (fillo de Maldras), que reunificará novamente o reino do seu pai no 463 e que se verá obrigado a adoptar o arrianismo por mor da influencia visigoda.
A Real Academia Galga (RAG) é una institución científica, que ten como obxectivo o estudio da cultura de Galicia, en especial, da lingua galega. Elabora as normas gramaticais, ortográficas e léxicas da lingua, ao mesmo tempo que defende e promove a mesma. 
Tamén decide a personalidade literaria á que se lle dedica o día das Letras Galegas. Xose Luis Ménfez Ferrín é o seu acutal presidente dende o 23 de xaneiro de 2010.
A historia de esta entidade remóntase ao ano 1904, no que Manuel Murguía publicou un artigo na revista do Gran Hotel de Mondariz no que propugnaba a creación dunha academia galega. Este artigo despertou o interés dos intelectuais galegos exiliados, e en 1905 fundouse na Habana, A Sociedade Protectora da Academia Galega, gracias ao impulso de Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontentla Leal. En Galicia seguiron o exemplo algunas figuras que se reunían na Libraría Rexional de Eugenio Carré Aldado de A Coruña. 
A Real Academia Galga fundouse como tal o 30 de septembro de 1906, presidida por Manuel Murguía e dotada xa de corenta membros. Os obxectivo inciais e fundamentais eran a laboración de un diccionario e unha gramática, aínda que estes proxectos demoraríanse varios anos.
Durante o réxime, moitos galegos tiveron que emigrar a outros países como Francia, Suiza o Alemaña. Na maioría dos casos, eran os homes os que partían hacia outro lugar mentras que deixaban aquí un país cheo de mulleres viúvas y nenos que crecían sen pai e, que si algun dia volvían a velo, non o considerarían como tal. Isto pode ser algo triste, pero todas as desgrazas teñen a súa parte boa, e a de este caso é que grazas a que os homes das familias, tiñan que irse, as mulleres ocupaban os seus postos de traballo e pouco a pouco, ían facendose máis independentes e, tamén, máis seguras de sí mesmas, dandose conta, de que non precisaban dun home para poder comer. Pois ben, como todo é ciclíco, volvemos a ver estos casos hoxe en día, solo que agora, a familia ao total, pode partir e rehacer a súa vida noutro país o mellora que poden, e que mellor forma de comezar unha nova vida, a pesar das dificultades, que todos unidos?

Durante os 30 anos de réxime franquista, millóns de persoas forons esclavizadas nas carceres polo simple feito de no estar conformes co réxime. En moitas ocacións, utlizando os exmplos dos nazis, facian experimentos 'médicos' con persoas, asi como a esterilizacion dos razas 'inferiores' para evitar a súa descendencia e conseguir o seu propósito de que desaparecese. A vida nestas carceres era terriblemente dura, xa que estaban expostos a continuas 'sesions' de torturas. Recentemente atopouse unhas excavacións en Xeréz que mostran que alí existiu un centro de detención, tortura e execución franquista. Sgun as primeiras investigacións, esa foi a area na que se halla a fosa que foi ocupada na época d 'terror quente', que vai dend o xulio do 1936 ata marzo do 1937, a maioria das víctimas sería excutadas en xuizos sumarísimos e por iso non quedaría xa constancias de quenes eran. As mulleres tiñan un añadido a hora das detencións e torturas, xa que elas, ademáis de estar en contra do réxime, eran mulleres, e supostamente, xogaban nun nivel inferior. Os nenos eran robados das mans das súas nais e eran reintegrados en familias militares, para ser educados según o réxime nacional-católico e poseidos por un odio visceral aos republicanos. Moistos dos presos das carceres eran usados para traballar durante xornadas de 11 ou 12 horas diarias para reconstruir lugares que el mismo Franco destruira, como Guernica. Un dos exemplos máis significativos é o Valle dos Caídos, onde moitos presos pereceron durante a construcción dun monumento que debía ser 'vergonza nacional'.





Nós.

grupo Nós foi un colectivo de intelectuais ourensáns que lle deu á cultura galega unha altura intelectual que xamais tivera, principalmente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.
20 de outubro de 1920 nace en Ourense a revista Nós. Arredor dela, xurdirán un grupo de autores literarios que, a partir da Asemblea de Monforte (1922), se irán integrando de cheo nas Irmandades da Fala
revista Nós estaría conformada principalmente, no seu inicio, por Vicente RiscoRamón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas e mais Alfonso Castelao. Posteriormente, a revista verá chegar novos autores.

O primeiro número da revista Nós comeza coas Primeiras verbas, un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional: a chamada da terra (Galiza), a dignificación da nosa cultura, o carácter universalista... Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores.
A ideoloxía dos homes do grupo Nós aparece perfectamente reflectida na novela de Ramón Otero, Arredor de Si (1930) e no ensaio de Vicente Risco Nós, os Inadaptados (1930). 
Os escritores deste grupo (agás Castelao) parten dunha total falta de apego polas súas raíces, derivado do cosmopolitismo. Mais, conforme avanza o tempo,- caerán na conta da importancia da cultura propia, posto que esta é a que distingue uns individuos dos outros (conciben o enxebrismo como o propio ser de Galiza). Por isto, chegarán á conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio. Derivado disto, todos eles aceptarán o galeguismo como doutrina ideolóxica.

lunes, 23 de abril de 2012

Isabel II

Dende moi xove mostro un temperamento sexual moi activo. O primero home que inaugurou a súa lista persoal foi o xeneral Serrano, ou como ela o chamaba 'o xeneral bonito'. Pero o máis important era encontrarle marido a Isabel, e o único canditato que lle quedou foi un primo, fillo da infanta Luisa Carlota, a súa tía, este chamabase Francisco de Asís. Del dician que tiña tantos amantes varones, como tiña Isabel.
Pasó de ser el símbolo de los liberales frente a los absolutistas, a la “deshonra de España”, la imagen de la frivolidad y el desenfreno, fomentada por los partidarios de la “Gloriosa”, la revolución liberal de 1868.

Fue así como Isabel comenzó a tener hijos con sus amantes. Francisco hizo a su vez un excelente negocio. No dijo esta boca es mía, reconocía los hijos, pero por cada retoño que nacía recibía un millón de reales por presentarlos en la corte. 

Oficialmente, Isabel II de Borbón y Francisco tuvieron doce hijos, de los que sólo sobrevivieron cinco. Uno de ellos, el que sería el rey Alfonso XII.

Os soupiñas


Banda de ladróns perfectament organizada que se mantivo durante anos roubando, extorsionando e mesmo secuestrando aos habitantes de Ferrolterra.
Chgou a contar con 135 membros entre elas moitas persoas respetables e con negocios legais como seu líder, o rico comrciante Mnauel de la Cruz.
Os membros da banda teñen xornal fixo e pensión para as viuvas. Na primavera de 1832 chega a Ferrol co coronel Zumalacarregui.
Organizará un operativo que conseguirá a detencion de máis de 40 membros da banda, incluído o seu xefe.
A historia de esta banda de delincuencia remóntase a sinxela entrada dos 100.000 fillos de San Luis en Ferrol no ano 1823, o que provocou unha miseria total para o pobo ferrolán.
Para o colmo en 1925, Ferrol perdeu a categoría d capital departamental que pasa a depender de Cadiz. Isto provoca un estado de miseria aínda maior, e, sumándolle a ineficacia do poder, a corrupcion xeralizada e a relaxacion da disciplina nas forzas armadas, a situacion de delincuencia descontrolada era case inebitable.
Con esta situación de escandalosa delincuencia surxen numerosas bandas de crime organizafo, entre elas, os Soupiñas.
A maioría dos asesinos en serie, foron personas intelixentes que vivían dunha forma normal, ata que algo lles cambiou a vida, pois ben, este foi o caso de Manuel Blanco Romasanta.  
Romasanta era unha persoa normal, tal vez a sua apariencia era de persoa aniñada e transmitía tenrura, gañabase a vida traballando de sastre, pero un día a súa muller morreu e él decidiu facerse vendedor ambulante, recorrendose as vilas de Galiza expoñendo os seus productos.
Según os documentos, Romasanta dicía que sufría dun maleficio que o facía transformarse en lobo. Matou a 13 personas, utilizando dentes e unllas para acabar coas suas vidas e cos seus restos. Utilizaba o unto das persoas que mataba para vendelo como un dos seus productos.
Máis tarde aclarou que o que sufría era unha enfermedad, pero se decidiu que non se podía condear a un reo cunha soa acusación, sendo ademáis a do propio acusado. Finalmente, foi condeado a cadena perpetua, e se supon que morreu no carcere, pero existen algunas. Alguns médicos da época quixeron hipnotizalo  pero non se lles concedeu o seu desexo.
Eu creo que debeu de ser un home moi interesante, pero este non foi o único caso de asesinos que utilizaban o unto das suas victimas para vendelos. 

Salix

A cascara do salgueiro, tambien chamado salix, é moi coñecido polas suas propiedades medicinais. Posúe na súa cáscara unha sustancia, que una vez no corpo se transforma no intestino en diferentes sustancias, entre elas, o ácido acetilsalicílico, esto foi descuberto por F. Hoffman en 1897. As primeiras veces utilizabase só para a dor de cabeza ou a febre, pero co tempo foronse descubriendo máis, por exemplo, evitan a formacion de trombos, que son a principal causa dos infartos. Antigamente era moi utilizado por as curandeiras. Existen moitos tipos de salgueiros,  cada un ten propiedades e funcions diferentes, como o salgueiro branco que polo seu contido en salicina utilizabanse como tonicos ou sedantes.

martes, 20 de marzo de 2012

Sargadelos

Hoxe fun visitar a fábrica de Sargadelos co meu colexio, alí so vimos como se traballaba, pero destrás de todo iso, existiu un home, un home que levantou esta fábrica, sendo un innovador no seu tempo, este era  o Marqués de Sargadelos, aínda que o título nobiliario de ‘marqués’ lle foi posto despois da súa norte. Este home naceu no 1749, foi un erudito ilustrado, que intentou por todos os medios que o seu pobo progresase, e impulsou una industrialización da zona, creando unha fábrica de cerámicas e outra de ferro. Traxo dende Europa as técnicas máis avanzadas para mellorar a súas fábricas.
Era un home moi intelixente e escribiu numerosos traballos e manuscritos sobre economía, política…
Durante a guerra de independencia, gañouse moitos inimigos, además de que a poboación non o entendía,  xa que as persoas tiñan medo a todos os cambios que él facía, por iso morreu asesinado por un grupo de milicians asturianos, que o acusaron de simpatizar co inimigo, o fixo cando a foi asaltado na súa casa, e morreu na rúa.
Ao longo da historia morreron moitas persoas por ser incomprendidas polo resto da poboación, unha poboación cega, con medo ao progreso, e estou segura de que se o houbesen deixado seguir cos seus proxectos, a nosa cidade, agora sería moito mellor.

Ferrol

-Olaaaaa! Avó, avó, precisamos a túa axuda!
- Bos días meus neniños, Veña, dicídeme o que necesitades.
-Pois resulta que onte na clase nos mandaron que buscaramos algunha información sobre o lugar onde nacemos, e ti que es moi maior seguro que sabes cousas moi interesantes sobre Ferrol!
-jajajaja Claro que si! Os contarei algo sobre os seus comezos. Ferrol apareceu como una cidade importante no século XVIII, e convertiuse nunha cidade moi importante, xa que foi o porto militar máis importante durante moito tempo. Tiña unha entrada moi peculiar y dende o castillo de San Felipe ata o outro lado, colocábase unha cadea, para evitar a entrada de enemigos na cidade.
-Guauu avó como molaba Ferrol! Tamén sabemos algo de que os barcos eran unha das cousas máis famosas de aquín, non si?
-Por suposto! Sabíades que Ferrol botou ao mar ao primeiro barco de vapor e o primero barco con casco de ferro de España?
E as súas rúas, parecen unha tableta de chocolate, xa que son moi cadradiñas e perfectas, por iso, é máis sinxelo atopar as cousas aquí, que noutras cidades con distribución máis complexa. Así que nunca olvidedes, rapaces, que ainda que agora veades a Ferrol coma unha cidade aburrida, na súa época foi como a nosa actual Nova York!

miércoles, 7 de marzo de 2012

Actividades de ocio.

Desde que somos pequenos nos ensinan, que a Idade Media, foron unos anos escuros, donde a xente vivía con medo, encerrada nas súas casa, pero non era así, eles eran igual que nós, divertíanse e xogaban a moitas cousas, por exemplo os tornes, que eran certámenes militares que se realizaban nas cortes do reis o dos señores feudales. Alí acudían os cabaleiros, que xa sabían os perigos aos que se arriesgaban. Iniciabanse con combates singulares e máis tarde saían á pista pelotóns enteiros. Para evitar heridas mortais, nas puntas das lanzas se colocaban punteras blandas e combatían con espadas desafiadas. Os vencedores o celebraban con grandes festines.
Outro xogo, era o chamado ‘Soule’, que practicábase cun balón que tiña diferentes tamaños, pois dependía do país onde se xogase. Consistía en conducir o balón hacia un lugar do terreo contrario, normalmente, un lugar situado entre dous postes. Poderíamos dicir, que este é un xogo similar ao futbol actual.
Ademáis de isto, tamén practicaban a pesca, a cestería e outras actividades, que ademáis de entreter, servían para a vida, xa que eran de moita utilidade.

Pedro Madruga

Bos días Ana, onte me pediches algunha información un personaxe relevante na Idade Media Galega, pois ben, eu poderia nomearte a moitos, pero pareceume moi interesante falarte sobre Pedro Álvarez de Soutomaior, tamén coñecido polo seu apodo, Pedro Madruga. Este home era o prototipo de caballeiro feudal, aínda que o seu orixe era bastardo. Participo una guerra irmandiña, ocupándose de barrer do panorama, ao poder nobiliar. Foi defensor de Juana la Beltraneja( Infanta castellana, que foi reina consorte de Portugal) e loita contra o poder monárquico que representaban os Reis Católicos, pero aos que máis tarde lles pediría perdón, cando Juana perdeu a guerra.
Unha das cousas máis interesantes de Pedro, e que según varios investigadores, Pedro Madruga e Cristóbal Colón, foron a mesma persoa, xa que supostamente Cristóbal tiña nacionalidade galega. Os principais argumentos sobre esta suposión son que a firma do navegante, formada por siglas, coindicen coas do árbol xenealóxico de Pedro, por outra parte un texto dun cronista, menciona a Diego de Sotomaior ( fillo de Pedro) como fillo de Colón. Esta teoría non está totalmente demostrada, pero xa se sabe o que acontece nestas cousas, que todos queremos que un paisano nostro, sexa una persona tan importante como o foi Colón.

miércoles, 15 de febrero de 2012

O Santo Grial é a copa usada por Xesucristo na Última Cena. Hai varias leyendas sobre isto. Por exemplo, Xesús xa resucitado se lle aparece a Xosé para entregarlle o Grial e ordenarle que o leve a isla de Britania. Seguindo esta tradición, autores posteriores contan que o mesmo Xosé usou o cadiz para recoller o sangue de Cristo e que, máis tarde en Britania, estableceu unha dinastía de guardiáns para mantenerlo a salvo e escondido. A búsqueda do Santo Grial é un importante elemento nas historias relacionadas co Rey Arturo onde se combinan a tradición cristiana con antiguos mitos celtas referidos a un caldeiro divino.
Outras lendas se entrecruzan coas relativas as distintas copas antigas que se consideran o santo Grial.
Aínda que ten un claro simbolismo cristiano, no se explica en que consiste o Grial. Xa que se considera mas importante a hostia consagrasa do catolicismo que o recipiente en sí.

O arte medieval

As funcións do arte medieval eran distintas aos do mundo clásico:

·         Non existe o concepto de arte como fin en sí mesmo o da beleza como único obxetivo do artista.
·         O carácter é básicamente funcional.
·         Unha ofrenda a Deus, aos santos ou aos difuntos, polo que non se dudaba da lexitimidade dos adornos nas igrexas.
·         A súa función pedagóxica era explicar os dogmas da Igrexa.
·         Era unha afirmación do poder da igrexa e a vez daqueles que podían encargar obras de arte
Os movementos artisticos:
-O arte paleocristián: cubre o período dende o século III ata o inicio do arte bizantino.
-Arte bizantino: Durante o período iconoclastía, a grande maioría dos icónos doi destruída, tan so sobreviviron algúns exemplos. Considerase a arte más refinada da Edade Media en términos de calidade do material e habilidade, coa producción centrada en Constantinopla. O logro supremo do arte bizantino foron os frescos monumentais e mosaicos dentro das igrexas
-O arte islámico: Ademais da producción arquitectónica, cubre unha ampla variedade de artesanías.

O vasalaxe.

Hoxe era o día, ese día que estiven agardando tanto tempo. Por fin ía a conseguir as terras que merezo polas miñas fazañas. Estaba chegando ya coa miña muller e fixos ao lugar onde quedara co señor mentres repasaba mentalmente o pasos a seguir no meu vasalaxe, como por exemplo as palabras que teño que dicir, o meu axonlleandomento e o conxunto de materiais que teño que coller como símbolo da aceptación das miñas terras.
Eu sempre fun  nobre, como era o meu pai e o meu avó, pero eu quero o meu recoñecemento, uns campesiños que traballen para min y facerme rico cos seus impostos.A cambio, o único que teño que facer e protexelos dos perigos que acechan por estas terras e coa axuda dos meus soldados, iso é moi fácil

A peste no medievo.

Eu chegaba do colexio, nas rúas quedaba xa pouca xente coa que encontrarse, todos encontrábanse nas súas casas. Algúns portas  estaban marcadas dun cor vermello intenso, eu no sabía o que significaba aquilo e cando intentaba preguntarlle aso meus pais sobre eso, eles evitaban o tema. Ía una semana dende que todo o pobo comezase a actuar de esa forma tan estraña, e nalgunhas ocasiones os nosos veciños chamaban a porta pedindo axuda, pero os meus pais, nunca lles abrían.
Entrei na miña casa e vin a miña nai con xesto de preocupación, según parecía, o meu irmán pequeno, comezara a ter febre unhas horas antes de que eu chegase. Fun a súa habitación, para ver como se atopaba. Cando abrín a porta, o vin alí acoutado, a expresión do seu rostro era de cansancio. Acerqueime e lle dín un bico e ao retirarlle o pelo lo pescozo, me pareceu ver unha manchiña de cor marrón, pero non lle din máis importancia.
O único que recordo dos seguintes días eran as mágoas de miña nai e a desesperación do meu pai. Enseguida mandáronme a vivir coa miña tía, que vivía nun pobo cercano e me prometeron que nos veríamos pronto. Fai xa un mes de todo isto e eu sigo sen ter noticias dos meus pais e a miña tía non me deixa regresar, pero non estou preocupada, os meus pais sempre cumpren as súas promesas.

lunes, 9 de enero de 2012

A relixión sueva


Son realmente escasos os datos que temos sobre as prácticas relixiosas dos suevos, que a diferenza dos visigodos que entraran na península xa cristianizados, mantiveron durante moito tempo o seu paganismo ata que foron primeiro convertidos ao cristianismo católico e máis tarden ao arriano por presión dos visigodos.
Aínda que non hai datos concluíntes, o máis probable é que os guerreiros e campesiños suevos, nados xa na nosa Península, invocasen aínda, entre outros deuses, a WOTAN nos bosques hispanos ata que foron obrigados a adoptar o cristianismo, a partir da conversión de Requiario. Houbo disputas de tipo relixioso e político ao negarse parte dos nobres e guerreiros suevos a aceptar o culto cristián que quería impoñerlles o rei, aliado coa igrexa galaica.




                                                      Wotan-Deus nórdico
O nome dos suevos serviu inicialmente para designar a unha rama dos hermiones. A súa vez os suevos constituían un conxunto de pobos xermánicos que ocupaban a cunca do río Elba, e entre os que coñecemos aos semnones, hermunduros, marcomanos e cuados. Nos séculos previos ao cambio de era, algúns grupos suévicos desplazaronse cara o curso medio do Rhin, establecendose en torno a dous dos seus afluentes, o Maín e o Neckar. A presenza dos marcomano no Maín é xa un feito no tránsito do século II al I a.C. Ariovisto, ao frente dun continxente suevo, derrotou aos eduos e planeou conquistar a Galia oriental. Pero os seus proxectos vironse truncados por César, que lle venceu en Alsacia no 58 a.C. Foi César o que citou por primeira vez aos suevos. Tácito, por error, aplicou o nome dos suevos a unha grande parte dos pobos xermánicos orientais, e incluso chamou ao Báltico ‘Suebicum Mare’ 

O meu asentamento.

Xa chegou o día, teño que recoñecer que estaba bastante nerviosa, agora que o penso, éntrame mágoa de non poder volver a ver a miña casa nunca máis, díxenlle aos meus país que antes de irme quería facer un par de cousiñas. A primeira era despedirme da miña mascota, un pequeno esquío a que eu chamo Kiaro, tamén quero levarme un pouco da terra no meu peto, por último, visitar o meu lugar preferido, unha montaña dende a que vese todo o noso pobo, como gústame sentarme aquí nas calorosas tardes de verán... Dáme moita tristura non poder volver a facelo.Volvo de regreso xunto os meus país e co grupo no que imos a realizar a nosa viaxe, recollo as miñas cousas e comeza a aventura.
Pasou moito tempo, tanto que non o lembro, nos últimos anos estivemos en moitos lugares, algúns máis bonitos ca outros, pero papá din que este é o definitivo por bastante tempo. Os nosos guerreiros chegaron primeiro e o conquistaron, a min non me gusta isto de conquistar, nos fan quedar de malos e nós só queremos un sitio onde vivir, xa que a nós tamén quitáronos o noso. Moitas persoas diferentes a nós tamén conviven aquí, e mírannos con medo, pero eu sempre intento ser moi amable con eles. Gústame este sitio, vivimos preto dun río moi bonito onde podemos xogar a bañarnos, xa que aquí fai sol moitos días. Ao final, vivir noutro lugar non é tan malo como eu pensaba.


A nova noticia.

Chámome Arya e teño dez anos, hai uns días os meus pais mais a nosa tribo tiveron unha reunión moi importante mentres eu e os demais nenos durmíamos. Eu me fixen a durmida, e logo me levantei para escoitar de que falaban. Comentaban algo dun perigo que pronto chagaría as nosas terras. Pareceume escoitar un nome ‘ os hunos’ que parecía estar guiado por un home moi despiadado. Os maiores dicían que tiñamos que marchar da nosa casa canto antes e buscar outro lugar onde asentarnos. Eu sempre fun unha nena valente y atrevida, pero teño que recoñecer que isto dáme moito medo, xa que a nosa aldea é moi grande e teremos que dividirnos... Non quero deixar os meus amigos! Eu quero loitar! Iso foi o que lle dixen os meus pais esta mañá, pero eles limitáronse a sorrirme e dicir que aínda era moi nova para esas cousas e que todo iríanos ben. Marchamos en 5 días cara terras novas, pero seguro que é moi interesante coñecer outros lugares!