lunes, 9 de enero de 2012

A relixión sueva


Son realmente escasos os datos que temos sobre as prácticas relixiosas dos suevos, que a diferenza dos visigodos que entraran na península xa cristianizados, mantiveron durante moito tempo o seu paganismo ata que foron primeiro convertidos ao cristianismo católico e máis tarden ao arriano por presión dos visigodos.
Aínda que non hai datos concluíntes, o máis probable é que os guerreiros e campesiños suevos, nados xa na nosa Península, invocasen aínda, entre outros deuses, a WOTAN nos bosques hispanos ata que foron obrigados a adoptar o cristianismo, a partir da conversión de Requiario. Houbo disputas de tipo relixioso e político ao negarse parte dos nobres e guerreiros suevos a aceptar o culto cristián que quería impoñerlles o rei, aliado coa igrexa galaica.




                                                      Wotan-Deus nórdico

2 comentarios: