martes, 20 de marzo de 2012

Sargadelos

Hoxe fun visitar a fábrica de Sargadelos co meu colexio, alí so vimos como se traballaba, pero destrás de todo iso, existiu un home, un home que levantou esta fábrica, sendo un innovador no seu tempo, este era  o Marqués de Sargadelos, aínda que o título nobiliario de ‘marqués’ lle foi posto despois da súa norte. Este home naceu no 1749, foi un erudito ilustrado, que intentou por todos os medios que o seu pobo progresase, e impulsou una industrialización da zona, creando unha fábrica de cerámicas e outra de ferro. Traxo dende Europa as técnicas máis avanzadas para mellorar a súas fábricas.
Era un home moi intelixente e escribiu numerosos traballos e manuscritos sobre economía, política…
Durante a guerra de independencia, gañouse moitos inimigos, además de que a poboación non o entendía,  xa que as persoas tiñan medo a todos os cambios que él facía, por iso morreu asesinado por un grupo de milicians asturianos, que o acusaron de simpatizar co inimigo, o fixo cando a foi asaltado na súa casa, e morreu na rúa.
Ao longo da historia morreron moitas persoas por ser incomprendidas polo resto da poboación, unha poboación cega, con medo ao progreso, e estou segura de que se o houbesen deixado seguir cos seus proxectos, a nosa cidade, agora sería moito mellor.

Ferrol

-Olaaaaa! Avó, avó, precisamos a túa axuda!
- Bos días meus neniños, Veña, dicídeme o que necesitades.
-Pois resulta que onte na clase nos mandaron que buscaramos algunha información sobre o lugar onde nacemos, e ti que es moi maior seguro que sabes cousas moi interesantes sobre Ferrol!
-jajajaja Claro que si! Os contarei algo sobre os seus comezos. Ferrol apareceu como una cidade importante no século XVIII, e convertiuse nunha cidade moi importante, xa que foi o porto militar máis importante durante moito tempo. Tiña unha entrada moi peculiar y dende o castillo de San Felipe ata o outro lado, colocábase unha cadea, para evitar a entrada de enemigos na cidade.
-Guauu avó como molaba Ferrol! Tamén sabemos algo de que os barcos eran unha das cousas máis famosas de aquín, non si?
-Por suposto! Sabíades que Ferrol botou ao mar ao primeiro barco de vapor e o primero barco con casco de ferro de España?
E as súas rúas, parecen unha tableta de chocolate, xa que son moi cadradiñas e perfectas, por iso, é máis sinxelo atopar as cousas aquí, que noutras cidades con distribución máis complexa. Así que nunca olvidedes, rapaces, que ainda que agora veades a Ferrol coma unha cidade aburrida, na súa época foi como a nosa actual Nova York!

miércoles, 7 de marzo de 2012

Actividades de ocio.

Desde que somos pequenos nos ensinan, que a Idade Media, foron unos anos escuros, donde a xente vivía con medo, encerrada nas súas casa, pero non era así, eles eran igual que nós, divertíanse e xogaban a moitas cousas, por exemplo os tornes, que eran certámenes militares que se realizaban nas cortes do reis o dos señores feudales. Alí acudían os cabaleiros, que xa sabían os perigos aos que se arriesgaban. Iniciabanse con combates singulares e máis tarde saían á pista pelotóns enteiros. Para evitar heridas mortais, nas puntas das lanzas se colocaban punteras blandas e combatían con espadas desafiadas. Os vencedores o celebraban con grandes festines.
Outro xogo, era o chamado ‘Soule’, que practicábase cun balón que tiña diferentes tamaños, pois dependía do país onde se xogase. Consistía en conducir o balón hacia un lugar do terreo contrario, normalmente, un lugar situado entre dous postes. Poderíamos dicir, que este é un xogo similar ao futbol actual.
Ademáis de isto, tamén practicaban a pesca, a cestería e outras actividades, que ademáis de entreter, servían para a vida, xa que eran de moita utilidade.

Pedro Madruga

Bos días Ana, onte me pediches algunha información un personaxe relevante na Idade Media Galega, pois ben, eu poderia nomearte a moitos, pero pareceume moi interesante falarte sobre Pedro Álvarez de Soutomaior, tamén coñecido polo seu apodo, Pedro Madruga. Este home era o prototipo de caballeiro feudal, aínda que o seu orixe era bastardo. Participo una guerra irmandiña, ocupándose de barrer do panorama, ao poder nobiliar. Foi defensor de Juana la Beltraneja( Infanta castellana, que foi reina consorte de Portugal) e loita contra o poder monárquico que representaban os Reis Católicos, pero aos que máis tarde lles pediría perdón, cando Juana perdeu a guerra.
Unha das cousas máis interesantes de Pedro, e que según varios investigadores, Pedro Madruga e Cristóbal Colón, foron a mesma persoa, xa que supostamente Cristóbal tiña nacionalidade galega. Os principais argumentos sobre esta suposión son que a firma do navegante, formada por siglas, coindicen coas do árbol xenealóxico de Pedro, por outra parte un texto dun cronista, menciona a Diego de Sotomaior ( fillo de Pedro) como fillo de Colón. Esta teoría non está totalmente demostrada, pero xa se sabe o que acontece nestas cousas, que todos queremos que un paisano nostro, sexa una persona tan importante como o foi Colón.