lunes, 28 de noviembre de 2011

Os romanos tamén querían estar guapos.

As mulleres romanas, pintábanse cando saían de casa o facían para que parecese mais branco e os homes, moitas veces, tamén o facían, maquillábanse os ollos, as cellas es os párpados. Os cores mais usados eran o branco e o rosado. Nos ollos colocábanse unhas pastas compostas por cinzas de antimonio que usábanse para escurecer, fabricaban pestañas  postizas  texendoas con seda ou con cabelo natural- Tamén tiña produtos para disimular as arrugas, para isto,mesturaban fariña de faba con caracois secos ao sol e pulverizados. Cando Julio César conquistou territorios xermánicos, as romanas encantoulles os cabelos loiros dos escravos e o seu cutis, por iso pronto empezaron a circular unguentos e formulas para esclarecer o cabelo.
Fai non moitos anos, encontrouse un envase perfectamente pechado durante unha escavación, que contiña graxa animal, refinada, amidón e oxido de estaño. Tras analizar os compoñentes, os científicos fixeron unha versión moderna da crema.Cando frotaron sobre o cutis, a crema blanquecina que deixa un residuo similar aos pós de talco.  Ao final non somos tan diferentes dos nosos antepasados romanos.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Ritos castrexos.

Se ben Estrabón dixo que os galaicos eran ateos, hoxe, coñecense case un centear de deuses entre o Cántabrico e o río Texo.
A relixión castrexa era politeísta, cun panteón amplísimo. Algunhas divinidades eran comúns en todo o territorio, mentres que outros teñen un culto local.
Así pois había deuses de primeira función que tiñan un poder supremo e mantiñan a orde a nivel cósmico e nas relacións humanas. Os deuses de segunda función, tiñan gran poderío físico e combatían violentamente. Os da segunda función, eran os máis bondadosos, que serían os representantes da paz, das relacións sociais, da economia..
Na miña opinión, todas as culturas teñen deuses, xa que todos precisamos de seres non-humáns para explicarnos cousas que non sabemos e para depositar neles determinadas esperanzas.
Outras interesantes citas de Estrabón poñen particular énfasis nalgunhas duras prácticas de sacrificios de presos, algunas de elas relacionadas con costumes adivinatorias e outras formas de supersticiñon ou primitivismo nas crenzas. Os sacrificios de animais eran unha cousa constante nas culturas antigas e tiñan nos ambientes celtas, incluídos os castrexos, o seu lugar de exercicio é en santuarios o aire libre, adaptados con grandes altares naturais con escaleiras na rocha e pias para conter membros e sangue das víctimas.
                                                 Aquí temos un santuario castrexo
É moi interesante a alusión de Estrabón a algunhas prácticas 'lacónicas´, con uso de graxas e baños de vapor e auga fría, que foron asociados aos 'monumentos con forno' desta cultura.
Era edificios dedicados, según alguns indicios, a ritos de iniciación dos xóvenes que incluían auga, fría ou quente. 

domingo, 6 de noviembre de 2011

Carta dun castrexo

A continuación temos una carta que un habitante un castro  manda a outro, nela conta como  van as cousas, e tamen pide axuda.


Bos días Pascasio,
Vai moito que non nos poñemos en contacto, e gustaríame moito que te pasases un día por aquí coa túa familia e ir ao lago, como cando eramos máis novos. Recordas esas tarde de verán nas que escapabamos dos nosos pais e nos dedicabamos a pasear toda a tarde? Que bos tempos..
Bótoche moito de menos, desde que partiches, todo é moi diferente e todos queremos que volvas. Como te vai por alí? Espero que estes moi contento. Algúns veciños cercanos contaronnos que tes dúas fillas preciosas, iguais que a súa nai.
Esta carta ten un motivo concreto, pedimoste axuda, a ti e ao teu castro, ultimamente chegaron noticias de que querennos invadir, sabemos moi pouco de estas personas, só sabemos que veñen de moi lonxe, e que xa conquistaron outros poboados, din que son fortes, e por iso pedimosche que nos axude a loitar contra este perigo, xa estamos preparando aos nosos homes para a batalla e todas as mulleres e nenos estan moi asustados.
Aquí despidome, querido amigo, espero pronto noticias túas e grazas por adiantado.
Naim.

martes, 1 de noviembre de 2011

As ropas dos habitantes dos castros

Por desgraza, en Galiza, non quedan restos das indumentarias que lucían os castrexos, ya que a nosa terra é moi  ácida e destrúe todos os materiais. Según as fontes escritas, levaban unha túnica que lle chegaba ata os pés, suponse que eran texidos moi coloridos, xa que a eles lles encantaban os cores, aínda, que por exemplo, sempre se reconstruen os castros, como casiñas de pedra, sen ningún cor. Os materiais que utilizaban soían ser a lá ou o lino. Unha vez obtida e peiteada a fibra, colocabanse nun pao aberto de onde ibase extraendi para enrollalo sobre os muslos. O fío que resultaba enroscabase no huso para facer unha bobina. Para isto, o huso levaba na parte inferior unha peza que co seu peso e forma facilitaba a tenseión do fío, que sostía a fiada e mantiña a velocidade do xiro. O texido realizabase con telares verticais de madeira; de eles conservanse as pesas que tensaban os fíos da urdicura.
Nas estacións frías, abrigábanse con peles de animais que eles mesmos cazaban
Tamén adoitaban levar adornos no corpo, como colgantes de bronce, pulseiras ríxidas e pendentes.
                        Aquí temos un torque desta época.http://www.lasalle.es/santanderapuntes/arte/hispania_antigua/celta/torques.htm