A continuación temos una carta que un habitante un castro manda a outro, nela conta como van as cousas, e tamen pide axuda.
Bos días Pascasio,
Vai moito que non nos poñemos en contacto, e gustaríame moito que te pasases un día por aquí coa túa familia e ir ao lago, como cando eramos máis novos. Recordas esas tarde de verán nas que escapabamos dos nosos pais e nos dedicabamos a pasear toda a tarde? Que bos tempos..
Bótoche moito de menos, desde que partiches, todo é moi diferente e todos queremos que volvas. Como te vai por alí? Espero que estes moi contento. Algúns veciños cercanos contaronnos que tes dúas fillas preciosas, iguais que a súa nai.
Esta carta ten un motivo concreto, pedimoste axuda, a ti e ao teu castro, ultimamente chegaron noticias de que querennos invadir, sabemos moi pouco de estas personas, só sabemos que veñen de moi lonxe, e que xa conquistaron outros poboados, din que son fortes, e por iso pedimosche que nos axude a loitar contra este perigo, xa estamos preparando aos nosos homes para a batalla e todas as mulleres e nenos estan moi asustados.
Aquí despidome, querido amigo, espero pronto noticias túas e grazas por adiantado.
Naim.
No hay comentarios:
Publicar un comentario