lunes, 7 de noviembre de 2011

Ritos castrexos.

Se ben Estrabón dixo que os galaicos eran ateos, hoxe, coñecense case un centear de deuses entre o Cántabrico e o río Texo.
A relixión castrexa era politeísta, cun panteón amplísimo. Algunhas divinidades eran comúns en todo o territorio, mentres que outros teñen un culto local.
Así pois había deuses de primeira función que tiñan un poder supremo e mantiñan a orde a nivel cósmico e nas relacións humanas. Os deuses de segunda función, tiñan gran poderío físico e combatían violentamente. Os da segunda función, eran os máis bondadosos, que serían os representantes da paz, das relacións sociais, da economia..
Na miña opinión, todas as culturas teñen deuses, xa que todos precisamos de seres non-humáns para explicarnos cousas que non sabemos e para depositar neles determinadas esperanzas.
Outras interesantes citas de Estrabón poñen particular énfasis nalgunhas duras prácticas de sacrificios de presos, algunas de elas relacionadas con costumes adivinatorias e outras formas de supersticiñon ou primitivismo nas crenzas. Os sacrificios de animais eran unha cousa constante nas culturas antigas e tiñan nos ambientes celtas, incluídos os castrexos, o seu lugar de exercicio é en santuarios o aire libre, adaptados con grandes altares naturais con escaleiras na rocha e pias para conter membros e sangue das víctimas.
                                                 Aquí temos un santuario castrexo
É moi interesante a alusión de Estrabón a algunhas prácticas 'lacónicas´, con uso de graxas e baños de vapor e auga fría, que foron asociados aos 'monumentos con forno' desta cultura.
Era edificios dedicados, según alguns indicios, a ritos de iniciación dos xóvenes que incluían auga, fría ou quente. 

3 comentarios:

  1. os castrexos tiñan panteóns? como eran?

    ResponderEliminar
  2. Hola Alicia, si, os castros tiñan panteóns como revelan as inscripcións nas estelas votivas da época galaico-romana e onde podemos apreciar o proceso de celtización que experimentou a cultura castrexa.Neles adoraban aos deuses.

    ResponderEliminar
  3. Gracias, Carolina, una información muy útil.

    ResponderEliminar