martes, 20 de marzo de 2012

Ferrol

-Olaaaaa! Avó, avó, precisamos a túa axuda!
- Bos días meus neniños, Veña, dicídeme o que necesitades.
-Pois resulta que onte na clase nos mandaron que buscaramos algunha información sobre o lugar onde nacemos, e ti que es moi maior seguro que sabes cousas moi interesantes sobre Ferrol!
-jajajaja Claro que si! Os contarei algo sobre os seus comezos. Ferrol apareceu como una cidade importante no século XVIII, e convertiuse nunha cidade moi importante, xa que foi o porto militar máis importante durante moito tempo. Tiña unha entrada moi peculiar y dende o castillo de San Felipe ata o outro lado, colocábase unha cadea, para evitar a entrada de enemigos na cidade.
-Guauu avó como molaba Ferrol! Tamén sabemos algo de que os barcos eran unha das cousas máis famosas de aquín, non si?
-Por suposto! Sabíades que Ferrol botou ao mar ao primeiro barco de vapor e o primero barco con casco de ferro de España?
E as súas rúas, parecen unha tableta de chocolate, xa que son moi cadradiñas e perfectas, por iso, é máis sinxelo atopar as cousas aquí, que noutras cidades con distribución máis complexa. Así que nunca olvidedes, rapaces, que ainda que agora veades a Ferrol coma unha cidade aburrida, na súa época foi como a nosa actual Nova York!

No hay comentarios:

Publicar un comentario