martes, 20 de marzo de 2012

Sargadelos

Hoxe fun visitar a fábrica de Sargadelos co meu colexio, alí so vimos como se traballaba, pero destrás de todo iso, existiu un home, un home que levantou esta fábrica, sendo un innovador no seu tempo, este era  o Marqués de Sargadelos, aínda que o título nobiliario de ‘marqués’ lle foi posto despois da súa norte. Este home naceu no 1749, foi un erudito ilustrado, que intentou por todos os medios que o seu pobo progresase, e impulsou una industrialización da zona, creando unha fábrica de cerámicas e outra de ferro. Traxo dende Europa as técnicas máis avanzadas para mellorar a súas fábricas.
Era un home moi intelixente e escribiu numerosos traballos e manuscritos sobre economía, política…
Durante a guerra de independencia, gañouse moitos inimigos, además de que a poboación non o entendía,  xa que as persoas tiñan medo a todos os cambios que él facía, por iso morreu asesinado por un grupo de milicians asturianos, que o acusaron de simpatizar co inimigo, o fixo cando a foi asaltado na súa casa, e morreu na rúa.
Ao longo da historia morreron moitas persoas por ser incomprendidas polo resto da poboación, unha poboación cega, con medo ao progreso, e estou segura de que se o houbesen deixado seguir cos seus proxectos, a nosa cidade, agora sería moito mellor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario