miércoles, 7 de marzo de 2012

Pedro Madruga

Bos días Ana, onte me pediches algunha información un personaxe relevante na Idade Media Galega, pois ben, eu poderia nomearte a moitos, pero pareceume moi interesante falarte sobre Pedro Álvarez de Soutomaior, tamén coñecido polo seu apodo, Pedro Madruga. Este home era o prototipo de caballeiro feudal, aínda que o seu orixe era bastardo. Participo una guerra irmandiña, ocupándose de barrer do panorama, ao poder nobiliar. Foi defensor de Juana la Beltraneja( Infanta castellana, que foi reina consorte de Portugal) e loita contra o poder monárquico que representaban os Reis Católicos, pero aos que máis tarde lles pediría perdón, cando Juana perdeu a guerra.
Unha das cousas máis interesantes de Pedro, e que según varios investigadores, Pedro Madruga e Cristóbal Colón, foron a mesma persoa, xa que supostamente Cristóbal tiña nacionalidade galega. Os principais argumentos sobre esta suposión son que a firma do navegante, formada por siglas, coindicen coas do árbol xenealóxico de Pedro, por outra parte un texto dun cronista, menciona a Diego de Sotomaior ( fillo de Pedro) como fillo de Colón. Esta teoría non está totalmente demostrada, pero xa se sabe o que acontece nestas cousas, que todos queremos que un paisano nostro, sexa una persona tan importante como o foi Colón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario