lunes, 9 de enero de 2012

O nome dos suevos serviu inicialmente para designar a unha rama dos hermiones. A súa vez os suevos constituían un conxunto de pobos xermánicos que ocupaban a cunca do río Elba, e entre os que coñecemos aos semnones, hermunduros, marcomanos e cuados. Nos séculos previos ao cambio de era, algúns grupos suévicos desplazaronse cara o curso medio do Rhin, establecendose en torno a dous dos seus afluentes, o Maín e o Neckar. A presenza dos marcomano no Maín é xa un feito no tránsito do século II al I a.C. Ariovisto, ao frente dun continxente suevo, derrotou aos eduos e planeou conquistar a Galia oriental. Pero os seus proxectos vironse truncados por César, que lle venceu en Alsacia no 58 a.C. Foi César o que citou por primeira vez aos suevos. Tácito, por error, aplicou o nome dos suevos a unha grande parte dos pobos xermánicos orientais, e incluso chamou ao Báltico ‘Suebicum Mare’ 

No hay comentarios:

Publicar un comentario