lunes, 9 de enero de 2012

A nova noticia.

Chámome Arya e teño dez anos, hai uns días os meus pais mais a nosa tribo tiveron unha reunión moi importante mentres eu e os demais nenos durmíamos. Eu me fixen a durmida, e logo me levantei para escoitar de que falaban. Comentaban algo dun perigo que pronto chagaría as nosas terras. Pareceume escoitar un nome ‘ os hunos’ que parecía estar guiado por un home moi despiadado. Os maiores dicían que tiñamos que marchar da nosa casa canto antes e buscar outro lugar onde asentarnos. Eu sempre fun unha nena valente y atrevida, pero teño que recoñecer que isto dáme moito medo, xa que a nosa aldea é moi grande e teremos que dividirnos... Non quero deixar os meus amigos! Eu quero loitar! Iso foi o que lle dixen os meus pais esta mañá, pero eles limitáronse a sorrirme e dicir que aínda era moi nova para esas cousas e que todo iríanos ben. Marchamos en 5 días cara terras novas, pero seguro que é moi interesante coñecer outros lugares!

2 comentarios:

  1. Quedouche moi ben a historia Carol, quedeime coa intriga de que lugares coñeceran.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Noe! Esque non hai tempo e ademáis estou pouco inspirada !jajaj :)

    ResponderEliminar