lunes, 9 de enero de 2012

O meu asentamento.

Xa chegou o día, teño que recoñecer que estaba bastante nerviosa, agora que o penso, éntrame mágoa de non poder volver a ver a miña casa nunca máis, díxenlle aos meus país que antes de irme quería facer un par de cousiñas. A primeira era despedirme da miña mascota, un pequeno esquío a que eu chamo Kiaro, tamén quero levarme un pouco da terra no meu peto, por último, visitar o meu lugar preferido, unha montaña dende a que vese todo o noso pobo, como gústame sentarme aquí nas calorosas tardes de verán... Dáme moita tristura non poder volver a facelo.Volvo de regreso xunto os meus país e co grupo no que imos a realizar a nosa viaxe, recollo as miñas cousas e comeza a aventura.
Pasou moito tempo, tanto que non o lembro, nos últimos anos estivemos en moitos lugares, algúns máis bonitos ca outros, pero papá din que este é o definitivo por bastante tempo. Os nosos guerreiros chegaron primeiro e o conquistaron, a min non me gusta isto de conquistar, nos fan quedar de malos e nós só queremos un sitio onde vivir, xa que a nós tamén quitáronos o noso. Moitas persoas diferentes a nós tamén conviven aquí, e mírannos con medo, pero eu sempre intento ser moi amable con eles. Gústame este sitio, vivimos preto dun río moi bonito onde podemos xogar a bañarnos, xa que aquí fai sol moitos días. Ao final, vivir noutro lugar non é tan malo como eu pensaba.


No hay comentarios:

Publicar un comentario