sábado, 19 de mayo de 2012

Baixa Idade Media: Reino Suevo.

Coa caída do Imperio romano, Gallaecia forma parte dos foedus dos diferentes pobos invasores. 
Os Suevos situábanse entre o Duero e o Miño, na zona de influencia Bracara Augusta (Braga, Portugal), e constaban unicamente de 8.000 varóns en condicións de traballar de 30.000 indiviudos que formaban o seu pobo.
Chegaron no ano 409 da man do rei Hermerico, que firma un foedus con Roma polo que o emperador romano permítelle ao pobo suevo establecerse na rexión romana de Gallaecia, recoñecendo, o rei suevo,  ao emperador de Roma como o seu superior.
Tras o reinado de Hermerico, chegará ao trono o seu fillo Requila no 438, que realizará campañas militares por toda a península, e tras el, o seu sucesor Requiario, quen adoptará o catolicismo no 449.
O pobo suevo é derrotado polos visigodos na batalla do río Órbigo 456, batalla na que Requila é asasinado.
Tras esta derrota, o reino suevo dividirase e gobernarán simultaneamente Fratán e Aguiulfo. Ambos farano dende 456 ata 457, ano no que Maldras reunificará o reino para acabar sendo asasinado tras a conspiracion romano-visigoda fallida.
E unha vez máis o reino suevo viuse dividido entre dous reies: Frumario e Reemismundo (fillo de Maldras), que reunificará novamente o reino do seu pai no 463 e que se verá obrigado a adoptar o arrianismo por mor da influencia visigoda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario