sábado, 19 de mayo de 2012

O reino de Galicia na Coroa Castelá.

A sucesión de Fernando III o Santo (1230 - 1254) ao trono dos reinos de Galicia e León supuxo o comezo duna longa e escura etapa de decadencia e unha negativa evolución dos intereses xerais do reino, sendo a nobleza condal galega e os axuntamntos dos burgos galegos os principais perxudicados ao verse afastados do alto nivel da corte de Castela tanto a nivel de prestixio como á hora de tomar as decisións. Galicia pasara dun núcleo cultural a unha periferia controlada por casteláns.
En Galicia e León mantívose como código legal o Liber Ludiciorum, ao contrario dos territorios castelans. Incluso cando os asuntos eran xuzdagos pola corte, estos eran despachados polo código vixente en cada coroa. 
Seen embargo iníciase una política de tendencia centralizadora que se mantén durante o reinado de Alfonso X, que introduce por primeira vez un representante xudicial do reino castelán no goberno de Santiago de Compostela.
Pouco máis tarde cederá a sede compostelá ao arzobispado de Valladolid, comezando un proceso que substituirá os obispos galegos por funcionarios casteláns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario