O 20 de outubro de 1920 nace en Ourense a revista Nós. Arredor dela, xurdirán un grupo de autores literarios que, a partir da Asemblea de Monforte (1922), se irán integrando de cheo nas Irmandades da Fala.
A revista Nós estaría conformada principalmente, no seu inicio, por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas e mais Alfonso Castelao. Posteriormente, a revista verá chegar novos autores.
O primeiro número da revista Nós comeza coas Primeiras verbas, un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional: a chamada da terra (Galiza), a dignificación da nosa cultura, o carácter universalista... Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores.
A ideoloxía dos homes do grupo Nós aparece perfectamente reflectida na novela de Ramón Otero, Arredor de Si (1930) e no ensaio de Vicente Risco Nós, os Inadaptados (1930).
Os escritores deste grupo (agás Castelao) parten dunha total falta de apego polas súas raíces, derivado do cosmopolitismo. Mais, conforme avanza o tempo,- caerán na conta da importancia da cultura propia, posto que esta é a que distingue uns individuos dos outros (conciben o enxebrismo como o propio ser de Galiza). Por isto, chegarán á conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio. Derivado disto, todos eles aceptarán o galeguismo como doutrina ideolóxica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario